28 dic 2008

POSTAL DE NADAL 2008

Postal de Nadal enviada polo CEIP A Magdalena
Foi feita polos alumnos de 2º Curso de Primaria.




27 dic 2008

¡Papá Noel ven de visita!

O día 19 tivemos nas clases unha agradable sorpresa, ainda que os máis pequenos sentían algo de medo... Visitounos Papa Noel, leu as nosas peticións e deunos a cada un de nos un paraugas de chocolate ¡mmmm qué rico!.


collage_papanoel.jpg


Prometémoslle que nos íamos portar BEN.

A OBRA DE TEATRO: "Quen víu ao meu neno?"

Os alumnos de Sexto curso de Primaria, representaron un Auto de Nadal que ten por título "Quen víu ao meu neno?" do que aquí amosamos algunhas imáxes.





Saíulles moi ben e estaban perfectamente caracterizados ¡Noraboa!

Os nenos de Primaria actuando:

Cada curso de Primaria interpretou unha panxoliña:
Os de Primeiro actuaron xunto cos de Infantil e a panxoliña tiña por título "Buscando unha estrela"
Os de Segundo curso interpretaron "O pelo roxiño"
Os de Tereceiro Curso cantaron a panxoliña "Tan, tan"
Os alumnos de Cuarto de Primaria cantaron "Aló entre as pallas"
Os alumnos de Sexto ao rematar a obra de teatro interpretaron "Cantemos alegres" acompañados á frauta traveseira por Carmen





O noso agradecemento as presentadoras, Eugenia e Noelia que o fixeron xenial

CONTO MUSICADO: "A noite de Nadal"

Os alumnos de Educación Infantil, xunto cos de 1º de Primaria; acompañados á frauta por un grupo de nenos de 5º de Primaria que tocan a "Canción de Berce" de Brhams fan a representación musicada do Conto "A noite de Nadal" e rematan cantando a panxoliña "Buscando unha estrela"
Os pitiños tocan os crótalos, as pingas de auga as claves, as rás tocan as cunchas, os gatiños os axouxeres e os peixes tocan as maracas...


Aquí temos unhas imáxes da representación:




Os días previos á función de Nadal

collage_ensaio.jpg


Nas clases de Música e tamén no esceario ensaiamos a obra musical que todos íamos a representar, axudáronnos os alumnos de Primeiro de Primaria. A verdade é que para moitos nenos era a primeira vez que ían subir a facer unha representación e estaban con cara de asustados... Nas clases mentras tanto íamos preparando o material.

14 dic 2008

DECEMBRO, VACACIÓNS, NADAL...

Neste mes estamos a preparar algunha obriña para o festival de nadal así como rematando traballos que nos quedan pendentes pois o 19 chegan as vacacións máis esperadas de todo o ano e temos que ter todo preparado para amosar as familias.




NOVAS TECNOLOXÍAS PARA A EDUCACIÓN:




Tódalas semanas os nenos e nenas de Educación Infantil acuden a Aula da Pizarra Dixital, onde se fan exercicios de atención, de memoria,de creatividade e tamén se visioan videos relacionados cos temas que se tratan nas aulas

8 dic 2008

¡¡ S O R P R E S A !!




O día 1 de Decembro o pobo apareceu nevado... foi para todos nós unha sorpresa moi grande, moitos nenos pequenos non viran a neve...

Os de tres anos...

collage.jpgNa clase de tres anos os nenos xa pasaron o período de adaptación e xa se está a traballar para saber recoñecer: formas, tamaños e cores, conceptos que son indispensables para comprender consignas de traballo que se lles dan ao longo do curso.

O MAGOSTO NA ESCOLA

O día 7 de Novembro 2008 celebramos no colexio a festa do Magosto, o día non era moi bo e por iso tivemos que celebralo no Ximnasio, houbo castañas, zumes e batidos que nos regalou a ANPA do centro. Nas clases fixemos cucuruchos para meter as castañas e algúns nenos quixeron levar castañas para que as probasen na súa casa.




RECOLLIDA DOS PREMIOS:

img_2853.JPG Tódolos traballos presentados no CERTAME DE FUNGOS E COGUMELOS obtiveron premio e ¿como non?... acudimos a recollelo de máns das autoridades locais o dia da Feira de Fungos e Cogumelos, a entrega fíxose na carpa situada no patio do Colexio Santa María. Na imáxe Iván (clase de 5) sube a recoller o premio no nome dos compañeiros.

CERTAME DE FUNGOS E COGUMELOS 2008

Tamén este ano, coma en tódalas convocatorias anteriores, o Ciclo de Educación Infantil do CEIP "A Magdalena" participou no certame de creación plástica convocado con motivo da Feira de Fungos e Cogumelos que se celebra na nosa localidade a primeiros do mes de Novembro.


Amosamos aquí os traballos colectivos presentados por cada unidade do centro, "Cogumelo na noite estrelada" (3 anos), "Os ananiños van á feira" (4 anos) e o "Cogumelo multicolor" (5 anos)

"O cogumelo na noite estrelada" (Clase 3 anos)

img_2788.JPG

"Os ananiños van á feira" (Clase de 4 anos)

img_2817.JPG

"Cogumelo de moitas cores" (clase 5 anos)

img_2820.JPG

Os menús de media mañá

Este ano ao ter unha hora máis de clase pola mañá as familias acostuman a mandarlle aos nenos algo para tomar na escola, o Departamento de Orientación do centro xunto coas titoras de Educación Infantil elaboraron unha lista de menús tentenpé axeitados á idade dos nenos onde primer sobre todo a variedade. Así cada día da semana ten asignado un tipo de alimento. As familias aceptaron ben esta suxerencia e a maioría dos nenos merendan deste xeito.




23 nov 2008

XOGANDO APRENDEMOS ...

Na Escola Infantil o xogo ten un lugar importante no horario e as rutinas diarias.
O xogo infantil é unha necesidade básica para un bo desenvolvemento da intelixencia e tamén para o equilibrio físico emocional acorde á súa idade.
O xogo ten un gran poder socializante pois axuda ao neno a saír de si mesmo, a respectar as regras que fan posible unha convivencia pacífica, a compartir e a coidar o contorno.




O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Estamos convencidos de que o feito de ir por primeira vez á escola, é un gran paso na vida dos nenos e as nenas.
De como se resolvan estas primeiras experiencias dependerá a visión que cada neno se forme sobre o colexio e influirá nas súas posteriores relacións sociais. Por iso consideramos que tanto pais coma as mestras temos unha gran responsabilidade á hora de programar e organizar os primeiros días de clase. Esta é un labor que nos compromete, por iso traballaremos en equipo para actuar de mutuo acordo en beneficio dos nenos.
Se temos en conta que esta será unha das épocas máis importantes e de maior transcendencia na vida dos nenos, merece a pena implicarse de cheo, axuntando esforzos para que todo saia ben.


Queremos acadar para todos os nosos alumnos/as un ensino individualizado que lles permita adaptarse ao seu propio ritmo , proporcionándolles a cada un as axudas que necesite segundo as súas características. Para iso necesitamos coñecer a fondo a cada neno e isto conseguirémolo a través das entrevistas e tamén a través dunha exhaustiva e sistemática observación directa de cada neno.


A colaboración dos pais vai ser fundamental para que xuntos axudemos a que os nenos vexan a escola como un lugar que lles dá seguridade e confianza; que lles ofrece a satifación das súas necesidades e que lles estimula e axuda a desenvolverse.

O novo alumnado de Educación Infantil:

Por fin, unha vez que temos tódalas autorizacións, publicamos as fotos dos nenos e nenas que se incorporaron ás unidades de Educación Infantil do noso centro.




8 nov 2008

Novo curso escolar 2008-2009

Saúdos nun novo curso escolar!!


Este ano tardamos un pouco máis en empezar a facer o blogue porque se retrasou bastante a entrega das autorizacións do emprego das imáxes e mentras non se ten, non se pode poñer nada a andar. Agora quero decirvos que xa teño moitas imáxes montadas en películas pero faltan ainda por fotografiar dous nenos que están enfermos así que en canto veñan isto vai ir correndo.


Grazas polos comentarios e polo seguimento deste libriño... ben sei que todos tedes ganas de coñercer aos novos alumnos.


Direi algo deles, son bos (casi todos jejeje), encántanlles os contos, ir ver diapositivas e xogar moito moito.


Como ben sabedes este curso temos novo horario, pola mañá temos unha hora máis de clase, comemos ás 14 horas e a derradeira clase témola de 16 a 17 horas. Aos nenos e tamén aos profes faisenos máis levadeiro e como casi todos somos de comedor non incide na vida das familias.

8 jun 2008

1 jun 2008

MARCELLE NATUREZA

Marcelle Natureza é un espazo natural que permite achegar ao visitante a distintos lugares do planeta e coñecer dun modo directo algunhas das especies animais que os habitan.

Unha volta ao mundo nunhas horas que permitirá ao viaxeiro coñecer, entre outros, aos guanacos, chamas e ñandús sudamericanos, os bisontes e wapitis norteamericanos, os axis e sasins asiáticos, os emúes e canguros australianos, as cebras e elands africanos para volver a europa onde nos agardan especies como o muflón ou ata o lince boreal.


Ademais da gran viaxe suscitada dentro do parque animal, Marcelle Natureza atópase enclavado nun privilexiado lugar. A fabulosa densidade forestal que o envolve, así coma o impresionante río que o rega, permiten a realización de paseos e rutas de gran riqueza natural.  



EXCURSIÓN A "MARCELLE NATUREZA"

collage_paseo.jpg


O día 30 de Maio - venres - fixemos unha excursión a "Marcelle", os días anteriores non paraba de chover e todos pensabamos que nos íamos mollar moito. Pois non foi así, ese día o sol tamén veu de visita con nós e disfrutamos moito. Aquí as monitoras póñennos unhas pegatinas co noso nome para que non nos perdamos... e comezamos o percorrido por onde están os patos e as avestruces.

Vimos moitos animais ¡¡MOITOS!!




Aquí están algúns dos animáis que vimos no Parque de Marcelle, o dia foi soleado; os animais estaban contentos e nós tamén.

Hora de comer

collag_comendo.jpgCando xa levamos un tempo percorrendo o Parque de Marcelle empezamos a ter ganas de comer, achegouse a furgoneta coas nosas mochilas e todos estamos dispostos a comer para repoñer forzas e seguir outro pouco.

Estamos listos para subir ao autobús:

img_1962.jpgÉ hora de saír de Marcelle e voltar cara a As Pontes, o autobús xa agarda e nós desexamos descansar.

Xa voltamos cara o noso colexio...

collage_autobus.jpg

Aquí estamos todos dentro do autobús de regreso ao colexio, chegamos a tempo para a saída e para poder ir no autobus do transporte escolar para a casa. ¡¡Estamos cansos pero contentos!!

21 may 2008

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

collag_infantil.jpg O Día das Letras Galegas é un día especial para todos os nenos do colexio, quen vive con máis nervos esta celebración son os máis pequenos porque teñen que subir ao esceario.
Este ano interpretaron a canción dos oficios e disfrutaron moito vendo actuar aos seus compañeiros maiores.

17 may 2008

Un "cumple" na clase de 3 anos...

O xoves, 16 de Maio, houbo festa de cumpleanos na clase de Educación Infantil de 3 anos. Randy cumplía 4 anos e a súa familia quixo celebrarllo dun xeito especial, puxeron gorriños aos nenos, e despois de cantar e soplar as velas... deron conta dunha tarta que era moi rica. Felicidades Randy!




15 may 2008

A VISITA DOS TORNEIROS

O día 14 de Maio tivemos no colexio a visita de persoas que traballan a madeira, ben co torno ou facendo xogos de inxenio. Fernando fixo setas e peonzas que foron nacendo como por arte de maxia dun pedazo de madeira que poñía no torno, encantounos ver como saían as birutas de madeira voando, semellaban ser spaguettis... era madeira moi finiña.





Tamén estivo o señor Fernando Vigo que nos amosou cómo se facía o punteiro dunha gaita e outras pezas para tocar