30 may 2012

PROXECTO : "AS ABELLAS"

Neste terceiro trimestre do curso, nas tres aulas de Educación Infantil desenvolvemos o Proxecto "As Abellas". Tivemos moita colaboración por parte das familias que aportaron libros, videos, contos elaborados por eles e por suposto todo tipo de material arredor da cría  de abellas e dos productos que se obteñen.
Como remate do proxectos levamos ao alumnado a visitar a Casa do Mel de Goente.



Xoga coas abellas...

Mete as abelliñas na pompa...


20 may 2012

Contacontos: Raquel Queizas

O Día das Letras Galegas pola tarde, no Ximnasio, a contacontos Raquel Queizas (Queliña) tivo unha actuación para tódolos nenos e nenas do CEIP "A Magdalena". Esta actuación foi promovida pola ANPA do centro.