13 nov 2011

A celebración do Magosto:

Coma tódolos anos celebramos o Magosto, a festa fíxose o venres día 11 de Novembro aínda que xa se viñan preparando manualidades durante a semana. Pola mañá fixéronse xogos preparados por Estefanía a profesora de Educación Física e pola tarde comemos castañas e tomamos zumes que nos agasallou a ANPA:

6 nov 2011

A CANCIÓN DE COCORICO

XOGO LIM : CORRE, CORRE CABACIÑA

Teño que agradecer a Belén Junquera o envío da dirección dun LIM que - feito pola profesora
Naiara do CEIP As Viñas en Poio - cadra moi ben neste apartado do blog. Son actividades arredor do conto: "Corre, corre cabaciña"

CORRE, CORRE CABACIÑA

24 oct 2011

Xa o podemos ver polo pobo...

O cartel que fixeron o curso pasado os nenos e nenas de 5 anos do CEIP "A Magdalena" e que resultou gañador do Certame de Fungos e Cogumelos 2010. Aquí temos aos seus autores e máis o cartel publicado.


22 oct 2011

EXPOSICIÓN DE BONECAS FEITAS CON ESPIGA DE MILLO:

Cando tivemos recollidos todos os traballos que nos trouxeron os nenos e nenas decidimos facer unha exposición con elas e máis un mural co conto de "Yaci" . Agora os nenos e as súas familias disfrutan visitando a exposición.


Bonecas de 4º de Ed. Infantil (3 anos):

Na clase dos nenos e nenas máis pequenos do colexio as familias esforzáronse en colaborar para presentar estas bonecas que esperamos que vos gusten:

Bonecas da clase de 5º de Ed. Infantil (4 anos):

Os nenos e nenas desta clase numerosa de Educación Infantil foron axudados pola súa familia para poder traer estes traballiños que agora vos amosamos:

Bonecas de Sexto de Ed. Infantil (5 anos):

As familias desta clase tamén colaboraron para que os nenos e nenas puidesen traer a súa boneca para a exposición.
Aquí temos unha mostra da súa imaxinación:

18 oct 2011

Yaci y su muñeca:

Levamos un tempo traballando nas clases arredor dun conto brasileño que ten por título "Yaci y su muñeca", amosamos aquí as diapositivas do conto:

8 sept 2011

CURSO 2011-2012. Novos nenos e nenas na aula de 3 anos:

O curso comeza con 17 novos nenos e nenas de 3 anos:


O día 7 de Setembro ás 18 horas tivemos a reunión coas nais/pais deste alumnado para dar as instruccións de comezo de curso.

28 jun 2011

Actuación dos nenos e nenas de Sexto de Educación Infantil:

Os nenos e nenas de sexto de Educación Infantil recitaron unhas rimas en galego e interpretaron a canción "Unha vella tiña un can".
infa_rimas.JPG

Entrega de Orlas a Ed. Infantil:

Os nenos e nenas de Educación Infantil recollen as súas orlas, aquí aparecen acompañad@s pola súa titora e polas profesoras especialistas que lles deron clase:
orlas_a_infantil.JPG

Entrega de orlas aos maiores:

Como remate son os alumnos de Sexto de Primaria os que suben ao esceario a recoller as súas orlas:
orlas_a_sexto.JPG

Merenda de Fin de curso en Ed. Infantil:

Subir foto e comentario.

16 jun 2011

COCORICO, conto en formato LIM:

A Escola Infantil  Tarrío de Samieira fixo esta actividade LIM arredor dun conto que ao alumnado desta etapa lles encanta:


cocorico.JPG