17 abr 2009

O Planetario, un mundo cheo de sorpresas:

O día 17 de Abril tivemos no Colexio un Planetario portátil e acudimos alí para ver unha simulación do que se ve no ceo pola noite: estrelas, constelacións... foi moi divertido.
Aquí temos unhas imáxes:



Visita ao Conservatorio Municipal:

O día 14 de Abril pola tarde acudimos de visita ao Conservatorio Municipal onde fomos recibidos polo Director: José Manuel Campello que nos acompañou polas diferentes salas onde nos foron amosando instrumentos. A visita foi moi interesante.


Aquí temos unhas imáxes:




14 abr 2009

Libro Infantil: Mochilas Viaxeiras

O día do Libro Infantil foron entregadas as Mochilas Viaxeiras con libros axeitados á idade dos nenos, dende 3 anos (Educación Infantil) e tamén a tódolos cursos de Ensino Primario. Estas mochilas irán pasando de alumno en alumno en cada clase ata que tódolos nenos teñan lido, ou a lo menos manoseado os libros que van dentro dela.



Día do Libro Infantil: Proxeccións, contos...

O día 2 de Abril, acudiron tódolos nenos e nenas do colexio ao Salón de Actos do centro onde disfrutaron da proxección en animación da vida de Hans Cristian Andersen e tamén dos contos "O soldadiño de chumbo" e as "Fabas Máxicas".


Para rematar unha profesora do colexio, contou o conto de Pulgarciña que lles gustou moito.


Aquí temos unhas imáxes:



Create Your Own