23 mar 2011

TEATRO PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS:

Os nenos e nenas de 3 anos acudiron o día 21 de Marzo ao Cine Alovi a ver a representación da obra teatral "Bajo mi cama una estrella". Onde conta as aventuras do seu protagonista: Miguel.





Miguel é un boneco a quen os nenos puideron saúdar e tocar.


O argumento da obra é o seguinte:
Miguel non é moi forte, nin moi áxil, nin moi rápido, pero é moi valente... home! como todo o mundo ten un pouco do susto do amor, éntralle un tembleque cada vez que a ve a ela. Pero é moi moi valente... sempre que sexa de día e con sol, porque pola noite cando se vai a luz alí están a penumbra, que lle impide ver as cousas, e as sombras que parecen outras cousas, e os ruxídos... De noite a Miguel só lle gusta a lúa, especialmente se está chea e loce grande e luminosa enchendo de luz a noite negra. Un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que nos seguen dando por moi maiores que sexamos.

19 mar 2011

18 de Marzo: VISITA DE "PRESCOLAR NA CASA"

O día 18 de Marzo os nenos e nenas de Prescolar na casa visitaron as unidades de Educación Infantil do colexio, despois pasaron un tempiño co alumnado de Educación Infantil que nese momento tiña Psicomotricidade. Ainda que ao principio de amosaron moi tímidos xa que todo era novidade... despois disfrutaron xogando.



<


18 mar 2011

17 de Marzo: SESIÓN DE CONTACONTOS.

O día 17 de Marzo, os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Ensino Primario e tamén o alumnado de 6º de Ed. Infantil asistiron no Ximnasio do colexio a unha sesión de contacontos que correu a cargo de Iago López e que foi promovida pola Editorial Anaya-Xerais.
As imáxes falan do ben que o pasaron durante a sesión.






6 mar 2011

.

antroidoempty

ESTE ANOS FOMOS DE...

No colexio, a Comisión de Antroido, decidíu que serían os oficios os que se representasen este ano. En Educación Infantil decidimos ir de cociñeiros e cociñeiras e como éramos moitos, tamén fomos de utensilios de cociña.
Cantamos a canción: "Soy una taza"

NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL:

tres_anos.JPG

NENOS E NENAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL:

catro_anos.JPG

NENOS E NENAS DA CLASE DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL:

cinco_anos.JPG

FESTIVAL 2011: