20/05/2012

Contacontos: Raquel Queizas

O Día das Letras Galegas pola tarde, no Ximnasio, a contacontos Raquel Queizas (Queliña) tivo unha actuación para tódolos nenos e nenas do CEIP "A Magdalena". Esta actuación foi promovida pola ANPA do centro.

27/04/2012

TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS: LAS TRES CERDITAS

De novo un grupo de nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria quixeron dar unha sorpresa aos máis pequenos. Elas fixeron o seu propio guión da obra "Las tres cerditas" e despois de moitos días de ensaio o martes 24 de Abril actuaron no Salón de Actos do colexio
. Tanto lles gustou a obra que a tiveron que representar dúas veces. Parece que o teatro gusta tanto aos que están actuando coma aos que temos a sorte de presencialo.
 Esperamos que no curso que ven esta iniciativa se vaia consolidando.

 O noso agradecemento pola súa ocurrencia e sobre todo polo seu esforzo.