27 jun 2012

Graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil:

O día 22 de Xuño os nenos e nenas de Educación Infantil, e tamén 6º de Primaria recibiron a orla de fin de ciclo despois de facer unha representación do conto de "Dona Carme"


Festa de Fin de Curso:

O día 21 de Xuño fixemos unha festa de fin de curso que rematou cunha merenda no patio.




6 jun 2012

Excursión de fin de curso:

O día 31 de Maio, moitos nenos e nenas de Educación Infantil foron de excursión coas súas titoras para visitar A Casa do Mel en Goente e repasar alí todo o aprendido co proxecto "As abellas" e despois fomos xantar e xogar á Praia de Cabanas.