23 dic 2007

POLO "SAMAÍN" VISITAMOS A GARDERÍA "A BAROSA"

visita_aulas1.jpg

Levounos un autobús e estabánnos agardando os nenos e as profesoras. Amosaron todas as clases dende a dos nenos máis grandes ata a dos máis pequeniños. GRAZAS POR CONVIDARNOS!

Levámoslles unha bruxa de agasallo

dsc04501.JPGEsta bruxa non era mala eh... pero quixo levar as nosas fotos para que os nosos amigos nos lembren durante o curso.

Tres nais-actrices:

dsc04558.JPG


¡Qué ben o fixeron! Seguide traballando para divertir aos nenos ¡ánimo!

Esas tres nais, representaron un contiño:

actua_teatro1.jpg
O contiño era moi divertido. Un día as nosas nais tamén nos representarán algo para un festival ¿vale?

Os nenos e nenas fixeron unha actuación

actua_nenos.jpg
Os nenos e nenas fixeron unha actuación musical que lles encantou aos do noso cole. ¡Sodes uns nenos divertidos!

Déronnos castañas asadas, doces e batidos ¡mmm,qué ricos!

Ao remate da visita convidáronnos a doces, batidos e castañas asadas. Á saída déronnos un agasallo a cada neno. ¡DRÁCULA!!amerenda_collage2.jpg

22 dic 2007

FOTOS DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS CURSO 2007/2008

Eu son Martina

img_0894.jpg

Eu son Randy

img_1607.jpg

Eu son Sergio

img_0910.jpg

Eu son Noemí

img_0893.jpg

Eu son David

img_0912.jpg

Eu son Luana

img_0896.jpg

Eu son Agustín

img_0902.jpg

Eu son Sara

img_0890.jpg

Eu son Frank

img_0906.jpg

Eu son Mariana

img_0899.jpg

Eu son Alejandro

img_0903.jpg

Eu son Yerai

img_0916.jpg

UN NOVO CURSO... 2007/2008

No mes de Setembro recibimos aos novos nenos e nenas da Unidade de tres anos do CEIP "A MAGDALENA", algúns deles entran ainda con dous anos pois irán cumplindo no derradeiro trimestre do 2007 os tres anos. A súa titora é Mucha.

20 jun 2007

AQUI EMPEZA E TAMÉN REMATA O LIBRIÑO...

cabeceira.JPG

Neste curso 2006-2007, quixemos que todo o que os nenos fixeron, as festas que vivimos, as charlas, as excursións e as vivencias quedasen plasmadas nun libriño que resumise de modo virtual a nosa vida real e tanxible dentro da escola...

SOMOS OS MENIÑOS DA MAGDALENA

collage_nenos1.jpgPequenos pero con moitas ansias de aprender, creativos, inquietos, pintores, artistas, creadores... e tamén caprichosos, desobedientes, nerviosos. Pero somos os que formaremos o alumnado do C.E.I.P "A Magdalena" durante varios cursos.

Este ano as nosas profesoras foron:
Montserrat García López : Co grupo de nenos e nenas de 3 anos.
Nieves Seijo Sabín : Co grupo de nenos e nenas de 4 anos.
Mª Carmen Rivas Almeida: Co grupo de nenos e nenas de 5 anos.

Aquí aparecen as imaxes dos nenos e nenas e tamén ao remate deste libriño.

collage_nenso2.jpg

OS CUMPLEANOS:

grupo-3-4.JPG

5-anos.JPGXa estaba a rematar o curso pero os nenos que cumplian agora ou ben no verán decidiron celebrar os cumpleanos. No primeiro grupo estamos os de 3 e 4 anos todos xuntos e na foto de debaixo os nenos e nenas de 5 anos que xa se nos van para Primeiro de Primaria.

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

collage_belelle.jpgDurante todo o curso facemos saídas a concertos ou actuacións pero o que nos pon máis nerviosos é a excursión de fin de curso... As profesoras dinnos que se nos portamos mal non nos levan, pero como nos perdoan imos todos. Chovía moito pola mañá pero despois tivemos un día precioso para estar na GRANXA ESCOLA DO BELELLE. Fixemos pan, vimos nacer pitiños, montamon nun cabalo e por suposto tomamos os bocadillos que nos mandaron...Á volta no autobús moitos nenos viñeron durmindo. Ah!! LEVAMOS UN BOLIÑO DE PAN para a casa.

A PSICOMOTRICIDADE

collage_ximna.JPGO que máis nos gusta é acudir ao ximnasio para movernos e xogar, facemos xogos de orientación, de equilibrio, de autocontrol do corpo e tamén con distintos materiais. ¡Pasámolo moi ben!!

A AULA DE INGLÉS

collage_ingles.jpgTódalas semanas a Profesora de Inglés danos 1 hora de clase, aprendemos as cores, os saúdos, os números e moitas cancións.

A AULA DE MUSICA

musica.JPGNos primeiros anos a profesora de Música danos clase nunha aula de Educación Infantil, pero cando xa somos "maiores" podemos acudir á Aula que teñen para os nenos de Educación Primaria onde hai todo tipo de instrumentos.

11 jun 2007

DIA DAS LETRAS GALEGAS

foto_blog.JPGO día 17 de Maio de 2006 celébrase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Maria Mariño Carou, nós como somos pequenos non entendemos moito os seus poemas, pintamos unha caricatura de Maria Mariño, e uns poemiñas pequenos ilustrados pero para o festival aprendemos "O verdegaio"
Coa pandeireta Nicolás e ao seu lado, vestida de galega Icía e o grupo de cantareiras de EDUCACIÓN INFANTIL.
"As penas do verdegaio
son verdes e amarelas...
non me toques se non caío
non me rompas as canelas"
O do verdegaio do rastras trás
quero o meu amor
quero o meu rapás
O do verdegaio do rustrus trús
quero o meu amor
quero o meu Xesús"

O ANTROIDO

antroido_blog.JPGEste ano vai moito frío e lembramos uns páxaros que viven no Polo, así que todos nos disfrazamos de "Paxaros bobos"
"Somos uns paxaros bobos
pequeniños coma bolos
e como vimos do Polo
queremos comelo todo...
Orellas e freixós,
rosquillas tamén
estamos no Antroido
e vimos pasalo ben"

O DÍA DA PAZ e DA NON VIOLENCIA

pomba-paz.JPGComa outros anos celebramos o Día da Paz cunha comida de confraternidade no colexio, comen os maestros e maestras e os representantes dos pais que forman a ANPA do colexio.
Facemos actividades relacionadas coa conmemoración. ¿Gustavos o mural da pomba? Está toda feita con máns e con pombiñas pequenas.

10 jun 2007

O FESTIVAL DE NADAL 2006

nenos_blog.JPGDespois de moitos ensaios e con moito medo aparecemos aquí subidos no esceario do Salón de Actos do Colexio cantando unha panxoliña que ten por título "SOAN AS CAMPÁS". Fixadevos ben eh... imos vestidos de campás cun laciño e todo. ¡¡Cantamos moi ben!!


"Soan, soan, soan as campás
para anunciar que chega o Nadal..."

A POSTAL DE NADAL...

postal_blog.JPGNeste mes de Nadal tocounos aos máis pequenos (os da clase de 3 anos) escoller un motivo para ilustrar a postal que o Colexio fai para enviar aos demáis colexios e institucións. Este Portal de Belén de plastilina foi a imaxe elexida.

O CONCURSO DOS COGUMELOS

setas_blog.JPGDende hai moitos anos celébrase no Concello de As Pontes (A Coruña) a Feira de Fungos e Cogumelos, todos os nenos das escolas estamos convocados a participar nunha mostra de traballos de Expresión Plastica que preparamos nas nosas clases. Este é o que presentamos no curso 2006/07 ¿GUSTAVOS?

O MAGOSTO

magos_blog1.JPGComa sempre cando empeza o outono facemos unha Unidade Didáctica para traballar especialmente o noso froito de Outono máis querido e máis característico desta época do ano. A CASTAÑA. Este ano en Educación Infantil coloreamos cucuruchos, trouxemos castañas e saímos ao patio con todos os nenos do colexio a comer castañas ¡MMMM qué sabedoras son as castañas asadas!

8 jun 2007

EU SON RUBÉN

ruben.JPG

EU SON IVAN

ivan-valida.JPG

EU SON NICOLÁS

nicolas.JPG

EU SON PAULA FOJO

paula.JPG

EU SON MARCOS

marcos.jpg

EU SON LIS

lis-valida.JPG

EU SON JAVIER

javier.jpg

EU SON MARTIN

martin.jpg

EU SON ALBERTO

alberto.jpg