28 nov 2010

PARA PROFES...

Nesta páxina dunha profesora de Educación Infantil aparecen ideas para traballar os contos de Letrilandia.


maestra_letrilandia.JPG

FORMAS E CORES:

Compón o moneco, engade adornos ou pinta de diferentes cores premendo nesta imáxe:


formas_e_cores.JPG

26 nov 2010

SUMAS SINXELAS :

sumas.JPG

Saída ao Teatro: "Nadarín"

O día 25 de Novembro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos, acudimos a ver a representación feita pola compañía de títeres Trompicallo do conto de Leo Leonni: "Nadarín"
Unha feliz bandada de peixiños vivía nun recuncho calquera do mar. Todos eran vermellos. Só un deles era tan negro como a cuncha dun mexilón. Nadaba máis rápido que os seus irmáns e irmás. Chamábase Nadarín.
Un mal día, un rápido atún, fero e moi famento, chegou como unha frecha a través das ondas. Dun golpe, comeu a todos os peixiños vermellos. Unicamente Nadarín escapou.






Nadou, afastándose no mundo húmido e profundo. Estaba asustado, só e moi triste.
Pero o mar estaba cheo de marabillosas criaturas, e mentres nadaba de asombro en asombro Nadarín volveu ser feliz. Viu unha medusa de xelatina arco-iris, unha lagosta dando voltas como un muíño, estraños peixes arrastrados por un fío invisible, un bosque de algas que medraba en rochas de azucre … unha anguía coa cola tan lonxe, que case se esquecía... e anemones de mar, como palmeiras de carmín, mecéndose no vento...
Entón, oculto na sombra de rocas e de herbas, viu unha bandada de peixiños, xusto iguais ca el.