26 dic 2010

boemptynadalemptyparaemptytodaemptyaemptycomunidadeemptyeducativaempty

Mural Educación Infantil:

mural_infa.JPG

O Festival de Nadal 2010

O derradeiro día de clases, antes do Nadal, fixemos o Festival no que participaron tódolos nenos e nenas do colexio.
Houbo teatro, panxoliñas en Galego, Castelán e Inglés... e como remate, un neno de terceiro de Primaria interpretou música do Nadal ao saxofón.






10 dic 2010

O MUNDO VIRTUAL DE SHIDONNI:

O mundo virtual Shidonni é unha rede baseada no entretemento educativo para nenos e nenas de 4 a 12 anos, máis ou menos. Os usuarios crean as súas propias mascotas, ás que deben coidar e atender o mellor que poidan. Pero ademais deben debuxar os seus propios mundos animados. Desde o verán de 2009, este mundo virtual está en español, entre outros idiomas ademais do inglés.


shidonni.JPG


Os nenos empezan debuxando unha mascota virtual, ou varias, se así o desexan. A continuación, buscan un nome adecuado e pulsando na tecla OK correspondente, a mascota cobrará vida, case como por encantamento. Unha vez que a mascota adquiriu esa presenza nun mundo virtual, haberá que deseñar e debuxar o lugar onde vive, e alimentala, limpala, conseguirlle amigos e facer que descanse. E moitas máis cousas aínda por descubrir e compartir.

Un simpático conto...




ADORNA O TEU MONECO DE NEVE:

decora_moneco.jpg

FAI A TÚA CASA DE CHOCOLATE:

casa_choco.JPG