7 dic 2010

PINTANDO CON AREA...

Acabo de atopar nun blogue de plástica este enlace que resulta moi entretenido, motiva a creatividade e axuda aos nenos no manexo do rato do ordenador. Pulsando a tecla C do teclado iremos deleccionando a cor desexada.


PREME NA IMAXE PARA EMPEZAR A PINTAR:


debuxos_area.JPG


Ao entrar na web atoparás un fondo gris e á esquerda un pequeno cadrado gris máis escuro. Se fas clic co botón esquerdo do rato abrirase unha xanela cun menú nun perfecto inglés.
Debuxar: Pulsa sobre botón esquerdo para empezar a debuxar e solta para parar. Se queres deixalo fixo feixe dobre clic, desta forma só terás que mover o rato para ir soltando area. Feixe clic de novo para parar.
Cambiar de cor: Pulsa a letra C do teu teclado e feixe clic no botón esquerdo de rato. Se queres debuxar con degradados de cor, despois de pulsar a letra C fai clic co rato sobre unha cor e sen soltar arrastra até a cor que queres degradar, logo solta e xa está, listo para debuxar.
Gardar o traballo: Unha vez que terminar de facer o teu debuxo podes pulsar en submit your piece dentro do menú. Escribe o teu nome (non é necesario que sexa o verdadeiro) e un nome para a túa obra.
Publicar: Unha vez gardado vas  á galería  pulsas sobre o teu debuxo e copias a dirección que aparece no navegador e mándasnola nos comentarios. Así todos poderemos ver a túa obra.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario