28 nov 2012

O Magosto 2012

O venres día de Novembro celebramos no colexio a festa do Magosto, pola mañá despois do recreo houbo xogos no pavillón organizados pola profesora de Ed. Física. Pola tarde estivemos no patio cuberto degustando castañas asadas e zumes de froita que agasallou a Anpa do centro. Aquí temos unhas imaxes:

8 nov 2012

Novo blogue para actividades on-line.

Co obxecto de ter recollidas as principáis direccións que se van empregando en Ed. Infantil fixemos un novo blogue. Premendo na imaxe pódese acceder a el e participar cos nenos nalgunhas das actividades.


5 nov 2012

Premios Certame "Fungos e Cogumelos 2012"

O domingo, día 4 de Novembro, ás 12 da mañá no patio do colexio Santa María fíxose entrega dos premios do certame de Expresión Plástica que o concello convoca con motivo da Feira de Fungos e Cogumelos. Todos os curos de Educación Infantil tiveron premio e no caso da clase de 4 anos o traballo será o anunciador da feira do 2013.
Aquí temos unhas imaxes da entrega de premios


4 nov 2012

2 nov 2012

HALLOWEEN. 2012

O mércores 31 de Outubro, na sesión de Inglés, os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron dunha festa na que participaron en xogos, bailes e cancións. Aquí temos unhas imaxes... halloween_12 on PhotoPeach