28 dic 2008

POSTAL DE NADAL 2008

Postal de Nadal enviada polo CEIP A Magdalena
Foi feita polos alumnos de 2º Curso de Primaria.




27 dic 2008

¡Papá Noel ven de visita!

O día 19 tivemos nas clases unha agradable sorpresa, ainda que os máis pequenos sentían algo de medo... Visitounos Papa Noel, leu as nosas peticións e deunos a cada un de nos un paraugas de chocolate ¡mmmm qué rico!.


collage_papanoel.jpg


Prometémoslle que nos íamos portar BEN.

A OBRA DE TEATRO: "Quen víu ao meu neno?"

Os alumnos de Sexto curso de Primaria, representaron un Auto de Nadal que ten por título "Quen víu ao meu neno?" do que aquí amosamos algunhas imáxes.





Saíulles moi ben e estaban perfectamente caracterizados ¡Noraboa!

Os nenos de Primaria actuando:

Cada curso de Primaria interpretou unha panxoliña:
Os de Primeiro actuaron xunto cos de Infantil e a panxoliña tiña por título "Buscando unha estrela"
Os de Segundo curso interpretaron "O pelo roxiño"
Os de Tereceiro Curso cantaron a panxoliña "Tan, tan"
Os alumnos de Cuarto de Primaria cantaron "Aló entre as pallas"
Os alumnos de Sexto ao rematar a obra de teatro interpretaron "Cantemos alegres" acompañados á frauta traveseira por Carmen





O noso agradecemento as presentadoras, Eugenia e Noelia que o fixeron xenial

CONTO MUSICADO: "A noite de Nadal"

Os alumnos de Educación Infantil, xunto cos de 1º de Primaria; acompañados á frauta por un grupo de nenos de 5º de Primaria que tocan a "Canción de Berce" de Brhams fan a representación musicada do Conto "A noite de Nadal" e rematan cantando a panxoliña "Buscando unha estrela"
Os pitiños tocan os crótalos, as pingas de auga as claves, as rás tocan as cunchas, os gatiños os axouxeres e os peixes tocan as maracas...


Aquí temos unhas imáxes da representación:




Os días previos á función de Nadal

collage_ensaio.jpg


Nas clases de Música e tamén no esceario ensaiamos a obra musical que todos íamos a representar, axudáronnos os alumnos de Primeiro de Primaria. A verdade é que para moitos nenos era a primeira vez que ían subir a facer unha representación e estaban con cara de asustados... Nas clases mentras tanto íamos preparando o material.

14 dic 2008

DECEMBRO, VACACIÓNS, NADAL...

Neste mes estamos a preparar algunha obriña para o festival de nadal así como rematando traballos que nos quedan pendentes pois o 19 chegan as vacacións máis esperadas de todo o ano e temos que ter todo preparado para amosar as familias.




NOVAS TECNOLOXÍAS PARA A EDUCACIÓN:




Tódalas semanas os nenos e nenas de Educación Infantil acuden a Aula da Pizarra Dixital, onde se fan exercicios de atención, de memoria,de creatividade e tamén se visioan videos relacionados cos temas que se tratan nas aulas

8 dic 2008

¡¡ S O R P R E S A !!




O día 1 de Decembro o pobo apareceu nevado... foi para todos nós unha sorpresa moi grande, moitos nenos pequenos non viran a neve...

Os de tres anos...

collage.jpgNa clase de tres anos os nenos xa pasaron o período de adaptación e xa se está a traballar para saber recoñecer: formas, tamaños e cores, conceptos que son indispensables para comprender consignas de traballo que se lles dan ao longo do curso.

O MAGOSTO NA ESCOLA

O día 7 de Novembro 2008 celebramos no colexio a festa do Magosto, o día non era moi bo e por iso tivemos que celebralo no Ximnasio, houbo castañas, zumes e batidos que nos regalou a ANPA do centro. Nas clases fixemos cucuruchos para meter as castañas e algúns nenos quixeron levar castañas para que as probasen na súa casa.




RECOLLIDA DOS PREMIOS:

img_2853.JPG Tódolos traballos presentados no CERTAME DE FUNGOS E COGUMELOS obtiveron premio e ¿como non?... acudimos a recollelo de máns das autoridades locais o dia da Feira de Fungos e Cogumelos, a entrega fíxose na carpa situada no patio do Colexio Santa María. Na imáxe Iván (clase de 5) sube a recoller o premio no nome dos compañeiros.

CERTAME DE FUNGOS E COGUMELOS 2008

Tamén este ano, coma en tódalas convocatorias anteriores, o Ciclo de Educación Infantil do CEIP "A Magdalena" participou no certame de creación plástica convocado con motivo da Feira de Fungos e Cogumelos que se celebra na nosa localidade a primeiros do mes de Novembro.


Amosamos aquí os traballos colectivos presentados por cada unidade do centro, "Cogumelo na noite estrelada" (3 anos), "Os ananiños van á feira" (4 anos) e o "Cogumelo multicolor" (5 anos)

"O cogumelo na noite estrelada" (Clase 3 anos)

img_2788.JPG

"Os ananiños van á feira" (Clase de 4 anos)

img_2817.JPG

"Cogumelo de moitas cores" (clase 5 anos)

img_2820.JPG

Os menús de media mañá

Este ano ao ter unha hora máis de clase pola mañá as familias acostuman a mandarlle aos nenos algo para tomar na escola, o Departamento de Orientación do centro xunto coas titoras de Educación Infantil elaboraron unha lista de menús tentenpé axeitados á idade dos nenos onde primer sobre todo a variedade. Así cada día da semana ten asignado un tipo de alimento. As familias aceptaron ben esta suxerencia e a maioría dos nenos merendan deste xeito.