24 oct 2011

Xa o podemos ver polo pobo...

O cartel que fixeron o curso pasado os nenos e nenas de 5 anos do CEIP "A Magdalena" e que resultou gañador do Certame de Fungos e Cogumelos 2010. Aquí temos aos seus autores e máis o cartel publicado.


22 oct 2011

EXPOSICIÓN DE BONECAS FEITAS CON ESPIGA DE MILLO:

Cando tivemos recollidos todos os traballos que nos trouxeron os nenos e nenas decidimos facer unha exposición con elas e máis un mural co conto de "Yaci" . Agora os nenos e as súas familias disfrutan visitando a exposición.


Bonecas de 4º de Ed. Infantil (3 anos):

Na clase dos nenos e nenas máis pequenos do colexio as familias esforzáronse en colaborar para presentar estas bonecas que esperamos que vos gusten:

Bonecas da clase de 5º de Ed. Infantil (4 anos):

Os nenos e nenas desta clase numerosa de Educación Infantil foron axudados pola súa familia para poder traer estes traballiños que agora vos amosamos:

Bonecas de Sexto de Ed. Infantil (5 anos):

As familias desta clase tamén colaboraron para que os nenos e nenas puidesen traer a súa boneca para a exposición.
Aquí temos unha mostra da súa imaxinación:

18 oct 2011

Yaci y su muñeca:

Levamos un tempo traballando nas clases arredor dun conto brasileño que ten por título "Yaci y su muñeca", amosamos aquí as diapositivas do conto: