17 mar 2008

UNHA VISITA MOI IMPORTANTE:

entrando_cole.jpgO día 14 de Marzo de 2008 os nenos e nenas da Gardería "A Barosa" visitaron o C.E.I.P. "A Magdalena".
Trouxeron de agasallo unha flor moi grande coas fotos de tódolos nenos e nenas que agora temos decorando a entrada do colexio

Fixemos exercicio no Ximnasio...

Despois de visitar a Aula de Educación Infantil de 3 anos, as profesoras e máis algúns nenos do colexio foron con todos nóscollag_ximnasio.jpg para o Ximnasio onde fixemos actividades de movemento moi entretenidas: atravesar unha ponte, saltar pozas, pasar por un túnel e xogar con pelotas. ¡Foi moi divertido!

Alegoría da Primavera.

collage_actu_primav1.jpgAs profesoras leváronnos ao Salón de Actos do Colexio e ali os nenos de Segundo curso de Primaria represetaron a "Alegoría da Primavera", dirixidos pola súa titora. ¡¡Gustounos moito!"

Vimos a actuación dos nenos de Educación Infantil:

collag_actua_infantil.jpgOs nenos e nenas de Ed.Infantil cantaron para nós a canción do "VERDEGAIO". Nico acompañou co pandeiro e os outros nenos cantaron"

E para rematar convidáronnos.

collage_chuches.jpgDespois de ver tantas cousas tomamos empañadiñas, croquetas, pataquiñas e tamén larpeiradas. Aquí estamos celebrando o noso paso polo Colexio "A Magdalena"