29 dic 2012

Festival de Nadal 2012

O día 21 de Decembro ás 10 e media, no Salón de actos do centro, tivo lugar o Festival de Nadal 2012, representacións de teatro, panxoliñas e bailes interpretados por todo o alumnado do colexio deron paso ás vacacións de Nadal.

28 nov 2012

O Magosto 2012

O venres día de Novembro celebramos no colexio a festa do Magosto, pola mañá despois do recreo houbo xogos no pavillón organizados pola profesora de Ed. Física. Pola tarde estivemos no patio cuberto degustando castañas asadas e zumes de froita que agasallou a Anpa do centro. Aquí temos unhas imaxes:

8 nov 2012

Novo blogue para actividades on-line.

Co obxecto de ter recollidas as principáis direccións que se van empregando en Ed. Infantil fixemos un novo blogue. Premendo na imaxe pódese acceder a el e participar cos nenos nalgunhas das actividades.


5 nov 2012

Premios Certame "Fungos e Cogumelos 2012"

O domingo, día 4 de Novembro, ás 12 da mañá no patio do colexio Santa María fíxose entrega dos premios do certame de Expresión Plástica que o concello convoca con motivo da Feira de Fungos e Cogumelos. Todos os curos de Educación Infantil tiveron premio e no caso da clase de 4 anos o traballo será o anunciador da feira do 2013.
Aquí temos unhas imaxes da entrega de premios


4 nov 2012

2 nov 2012

HALLOWEEN. 2012

O mércores 31 de Outubro, na sesión de Inglés, os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron dunha festa na que participaron en xogos, bailes e cancións. Aquí temos unhas imaxes... halloween_12 on PhotoPeach

23 oct 2012

AS FAMILIAS COLABORAN...

Cando estábamos a traballar a unidade do corpo, pedímoslles ás familias que fixesen cos nenos e nenas un moneco de Pin.Pon coma o da canción que lles mandamos.
 Pasados uns días as creacións foron aparecendo e agora hai unha exposición de monecos de PinPon na entrada das aulas de Educación Infantil.
¡Graciñas por colaborar!!
Os monecos das clases de 3 e 4 anos.

Os monecos da clase de 5 anos.

9 oct 2012

As nenas de segundo explicaron...

Un día 3 nenas de 2º de Primaria: Ada, Nerea e Sofía viñeron a falarnos do esqueleto e tamén dos músculos e dos sentidos. Fixeron xogos cos nenos que xa teñen ganas de que veñan de novo a contarnos cousas. ¡Graciñas por axudarnos!!

30 sept 2012

O corpo... Doki descubre o esqueleto

Despois de pasar un período de adaptación puxémonos a traballar sobre o noso corpo: as súas partes e o seu cuidado.
Aquí hai un video que axuda aos nenos a coñecer unha das partes: O esqueleto.

28 sept 2012

.






Despois dun tempiño de reflexión sobre se andar ou parar, decidín seguir cara a diante co caderniño ao que pouco a pouco irei engadindo novas entradas.

27 jun 2012

Graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil:

O día 22 de Xuño os nenos e nenas de Educación Infantil, e tamén 6º de Primaria recibiron a orla de fin de ciclo despois de facer unha representación do conto de "Dona Carme"


Festa de Fin de Curso:

O día 21 de Xuño fixemos unha festa de fin de curso que rematou cunha merenda no patio.




6 jun 2012

Excursión de fin de curso:

O día 31 de Maio, moitos nenos e nenas de Educación Infantil foron de excursión coas súas titoras para visitar A Casa do Mel en Goente e repasar alí todo o aprendido co proxecto "As abellas" e despois fomos xantar e xogar á Praia de Cabanas.




30 may 2012

PROXECTO : "AS ABELLAS"

Neste terceiro trimestre do curso, nas tres aulas de Educación Infantil desenvolvemos o Proxecto "As Abellas". Tivemos moita colaboración por parte das familias que aportaron libros, videos, contos elaborados por eles e por suposto todo tipo de material arredor da cría  de abellas e dos productos que se obteñen.
Como remate do proxectos levamos ao alumnado a visitar a Casa do Mel de Goente.



Xoga coas abellas...

Mete as abelliñas na pompa...


20 may 2012

Contacontos: Raquel Queizas

O Día das Letras Galegas pola tarde, no Ximnasio, a contacontos Raquel Queizas (Queliña) tivo unha actuación para tódolos nenos e nenas do CEIP "A Magdalena". Esta actuación foi promovida pola ANPA do centro.

27 abr 2012

TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS: LAS TRES CERDITAS

De novo un grupo de nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria quixeron dar unha sorpresa aos máis pequenos. Elas fixeron o seu propio guión da obra "Las tres cerditas" e despois de moitos días de ensaio o martes 24 de Abril actuaron no Salón de Actos do colexio
. Tanto lles gustou a obra que a tiveron que representar dúas veces. Parece que o teatro gusta tanto aos que están actuando coma aos que temos a sorte de presencialo.
 Esperamos que no curso que ven esta iniciativa se vaia consolidando.

 O noso agradecemento pola súa ocurrencia e sobre todo polo seu esforzo.

25 mar 2012

Preparamos compota de mazá.:

Coas mazás que compramos no supermercado, cada neno pelou e cortou mitade dunha e despois, xa na pota, puxémoslle: azucre, canela e limón.
Ademáis de merendar tostadas de margarina con compota convidamos aos nenos das outras clases e levamos tamén un tarriño para que a probasen na casa.

Visita a un supermercado:

Como estamos a traballar o tema dos alimentos decidimos levar os nenos e nenas ao supermercado e, de paso, mercar mazás para facer unha compota. Aquí temos unhas imaxes da visita:

23 mar 2012

Asi nace e medra unha faba...

Este mes adicámonos a plantar sementes: fabas, lentellas, garabanzos. Aquí temos o proceso do nacemento das fabas.

18 mar 2012

O Parlamento Europeo aproba...

A inciación ao axedrez na escola polos beneficios demostrados para ensinar a pensar aos nenos.

4 mar 2012

TEATRO NO COLEXIO: "CAPERUCITA ROJA"

Os nenos e nenas de 5º de Primaria, agasallaron ao alumnado de Educación Infantil coa representación en castelán do conto: "Caperucita Roja". Tanto os actores coma o público disfrutaron moito coa actuación.
Gustaríanos que se repetise anualmente por ser motivador para os máis pequenos que xa están desexando medrar para ser algún persoaxe da obra que no futuro eles podan representar.
O profesorado e alumnado de Ed. Infantil agradece o esforzo para a realización desta actividade.


1 mar 2012

Teatro: LAS HADAS DE LA BELLA DURMIENTE


O luns, 27 de Febreiro, o alumnado de 3 anos acudíu ao cine Alovi para presenciar a representación de "Las hadas de la Bella Durmiente". Amoso aquí un pequeno video en catalán sobre a obra.

5 feb 2012

1 feb 2012

Celebración do DIA DA PAZ 2012

Celebrouse o día 31 de Xaneiro, debido á imposibilidade de usar o comedor o día 30. Fixéronse murais por ciclos, tódolos nenos cantaron unha canción e ao remate todo o alumnado do colexio e un pai/nai por curso fixemos unha comida.

.

Mural no pavillón de Ed. Infantil