Marcelle Natureza é un espazo natural que permite achegar ao visitante a distintos lugares do planeta e coñecer dun modo directo algunhas das especies animais que os habitan. Unha volta ao mundo nunhas horas que permitirá ao viaxeiro coñecer, entre outros, aos guanacos, chamas e ñandús sudamericanos, os bisontes e wapitis norteamericanos, os axis e sasins asiáticos, os emúes e canguros australianos, as cebras e elands africanos para volver a europa onde nos agardan especies como o muflón ou ata o lince boreal. Ademais da gran viaxe suscitada dentro do parque animal, Marcelle Natureza atópase enclavado nun privilexiado lugar. A fabulosa densidade forestal que o envolve, así coma o impresionante río que o rega, permiten a realización de paseos e rutas de gran riqueza natural.
1 jun 2008
MARCELLE NATUREZA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario