23 nov 2008

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Estamos convencidos de que o feito de ir por primeira vez á escola, é un gran paso na vida dos nenos e as nenas.
De como se resolvan estas primeiras experiencias dependerá a visión que cada neno se forme sobre o colexio e influirá nas súas posteriores relacións sociais. Por iso consideramos que tanto pais coma as mestras temos unha gran responsabilidade á hora de programar e organizar os primeiros días de clase. Esta é un labor que nos compromete, por iso traballaremos en equipo para actuar de mutuo acordo en beneficio dos nenos.
Se temos en conta que esta será unha das épocas máis importantes e de maior transcendencia na vida dos nenos, merece a pena implicarse de cheo, axuntando esforzos para que todo saia ben.


Queremos acadar para todos os nosos alumnos/as un ensino individualizado que lles permita adaptarse ao seu propio ritmo , proporcionándolles a cada un as axudas que necesite segundo as súas características. Para iso necesitamos coñecer a fondo a cada neno e isto conseguirémolo a través das entrevistas e tamén a través dunha exhaustiva e sistemática observación directa de cada neno.


A colaboración dos pais vai ser fundamental para que xuntos axudemos a que os nenos vexan a escola como un lugar que lles dá seguridade e confianza; que lles ofrece a satifación das súas necesidades e que lles estimula e axuda a desenvolverse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario