20 nov 2009

20 de Novembro: "Día Universal do Neno"

No ano 1954 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que todos os países establecesen o Día Universal do Neno, data que se destinaría á compresión e á fraternidade entre os nenos do mundo, impulsandose así as a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.


800_dia-nino.jpg


 O día 20 de novembro marca a data na que se aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. 


A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou: "O neno gozará dunha protección especial e disporá de oportunidades e servizos, dispensado todo iso por lei e por outros medios, para que poida desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente de forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidade" ... "O neno debe gozar dos beneficios da seguridade social. Terá dereito a medrar e desenvolverse en boa saúde. Con este fin deberán proporcionarse, tanto a el como á súa nai, coidados especiais, mesmo atención prenatal e postnatal. O neno deberá gozar de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados".

No hay comentarios:

Publicar un comentario