11 dic 2009
9 dic 2009
Figuras Xeométricas... ¡a xogar!
Un divertido xogo para aprender as figuras xeométricas básicas, xoga cos "Artenautas" e con cada unha das figuras, intenta adiviñar o debuxo que sairá ao remate:
Xogos para nenos:
Premendo na imáxe poderás acceder a unha páxina que contén xogos variados para os máis pequenos: series, xogos de memoria, de colorear...
¡¡Non deixes de visitala!!:
7 dic 2009
6 dic 2009
Máis postais...
Aquí amosamos mais tamén postais feitas por nenos e nenas de ed. Infantil.
22 nov 2009
Chega o Nadal...
Con él os concursos de postais de Nadal e panxoliñas como, aquí temos algunhas delas.
20 nov 2009
20 de Novembro: "Día Universal do Neno"
No ano 1954 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que todos os países establecesen o Día Universal do Neno, data que se destinaría á compresión e á fraternidade entre os nenos do mundo, impulsandose así as a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.
O día 20 de novembro marca a data na que se aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou: "O neno gozará dunha protección especial e disporá de oportunidades e servizos, dispensado todo iso por lei e por outros medios, para que poida desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente de forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidade" ... "O neno debe gozar dos beneficios da seguridade social. Terá dereito a medrar e desenvolverse en boa saúde. Con este fin deberán proporcionarse, tanto a el como á súa nai, coidados especiais, mesmo atención prenatal e postnatal. O neno deberá gozar de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados".
15 nov 2009
14 nov 2009
MAGOSTO 2009
Na sesión da tarde os nenos e nenas presenciaron un baile no ximnasio e despois degustaron castañas e batidos, donadas pola ANPA do colexio.
Aquí temos unhas imáxes:
12 nov 2009
Xogos día Magosto: Nenos e nenas de 3 e 4 anos.
Nestas imáxes temos aos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos disfrutando a tope cos xogos que se fixeron no Pavillón do colexio o día 6 de Novembro con motivo da celebración do Magosto:
8 nov 2009
Degustación de froitos do Outono:
Na clase dos nenos e nenas de tres anos, ademáis de traer productos do Outono fixeron unha degustación dos mesmos... Ollade como disfrutan:
O outono...
Estes días os nenos e nenas estiveron traballando e recortando follas, castañas, landras, esquíos e anduriñas para confeccionar o mural do Outono que aquí vos amosamos.
Premios do "Mundo da Micoloxía"
Varios traballos de Educación Infantil do colexio foron premiados no Certame "O Mundo da Micoloxía" entre eles dous de Educación Infantil.
31 oct 2009
Xa chegou o outono...
p>E aquí temos aos nenos de 3 anos de Educación Infantil buscando os seus sinais... as follas secas, ou ourizos e as castañas e tamén atoparon cogomelos.
Eses tesouros decoran agora a súa clase.:
24 oct 2009
Teatro na Casa Dopeso:
O día 6 de Outubro acudimos á Casa Dopeso os nenos e nenas de Educación Infantil de 4 e 5 anos e tamén os de Terceiro curso de Primaria a presenciar a obra concerto: "O tren das palabras".
Aquí temos unhas imáxes.
Música para o Outono...
As follas no verán verdes, están agora amarelas e pouco a pouco van caendo... Estamos no outono, musgo nas pedras, auga e vento, parques solitarios e nós na escola.
Vivaldi compuxo unha peza que se titula "As catro estacións" e aquí temos a parte "Allegro" da partitura de Outono cunhas imáxes desa estación na que agora nos atopamos:
23 oct 2009
7 oct 2009
"Música Maestro"
O martes, día 6 de Outubro do 2009, estivo no CEIP "A Magdalena" o profesor do Conservatorio Municipal encargado de atender aos grupos de nenos máis pequenos e realizou cos alumnos de Educación Infantil e de diferentes cursos de primaria xogos de ritmo e de discrinación de sons:
O xogo na Educación Infantil:
O xogo é un instrumento privilexiado para o desenvolvemento das capacidades que se pretende que alcancen os nenos, polo grao de actividade que comporta, polo seu carácter motivador, polas situacións en que se desenvolve e que permiten ao neno globalizar, e polas posibilidades de participación e interacción entre eles o que propicia a socialización.
Aquí temos unhas imáxes de nenos de 3 anos do CEIP "A Magdalena" desenvolvendo xogos manipulativos dentro da clase:
2 oct 2009
Unha páxina interesante...
Nas visitas que as mestras de Ed. Infantil fan pola rede na percura de recursos para traballar cos máis pequenos do colexio, atopouse esta páxina á que podes acceder premendo na imáxe da simpática tartaruga:
21 sept 2009
15 sept 2009
Novo curso e alarmismo...
Saúdos de novo a tódalas familias que nos visitades neste caderniño virtual.
Este curso 2009-2010 comeza con novas alarmantes a alarmistas sobre a Gripe A, para poñer un pouquiño as cousas claras deixo aquí un video que algo nos pode aclarar sobre o tema.
Cumpliremos as normas que envía sanidade e agardamos que ningún membro da comunidade escolar se vexa afectado.
7 ago 2009
4 jul 2009
28 jun 2009
Entrega de Orlas aos nenos/as de 5 anos:
O día de fin de curso tamén se entregaron as orlas aos nenos e nenas de Educación Infantil que rematan Ciclo e que pasan para Ensino Primario, foi un acto entrañable e recibiron moitos aplausos:
Festa de Fin de Curso:
O día 22 de Xuño, luns, tivemos a festa de Fin de Curso os nenos e nenas de Educación Infantil escoitaron contos, tiveron teatro de títeres e despois unha merenda no patio na que colaboraron varias nais de alumnos...
Nestas imáxes uns momentos de merenda e de xogos:
14 jun 2009
A lectura en Educación Infantil:
Neste video dirixido aos pais aparecen as condicións precisas para aprender a ler, algo que provoca moita ansiedade nas familias.:
Almorzo no cole:
Dentro do programa de Apertura de Centros fora do horario lectivo, o próximo curso empeza a funcionar o "ALMORZO NO COLE" que pode axudar ás familias a conciliar mellor a vida familiar e laboral xa que desde ben cedo poden traer aos nenos a almorzar ao colexio.
Os nenos estarán atendidos por monitores do concello e será xestionado pola ANPA do centro.
11 jun 2009
Visita dalgúns nenos de Preescolar na casa ás aulas de Educación Infantil:
Uns poucos nenos de Preescolar na casa, os maiores, acudiron o día 11 de Xuño a visitar as aulas de Educación Infantil do CEIP "A Magdalena".
Nestas imáxes podemos ver algúns momentos da visita: