24 nov 2008
23 nov 2008
XOGANDO APRENDEMOS ...
Na Escola Infantil o xogo ten un lugar importante no horario e as rutinas diarias.
O xogo infantil é unha necesidade básica para un bo desenvolvemento da intelixencia e tamén para o equilibrio físico emocional acorde á súa idade.
O xogo ten un gran poder socializante pois axuda ao neno a saír de si mesmo, a respectar as regras que fan posible unha convivencia pacífica, a compartir e a coidar o contorno.
O PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Estamos convencidos de que o feito de ir por primeira vez á escola, é un gran paso na vida dos nenos e as nenas.
De como se resolvan estas primeiras experiencias dependerá a visión que cada neno se forme sobre o colexio e influirá nas súas posteriores relacións sociais. Por iso consideramos que tanto pais coma as mestras temos unha gran responsabilidade á hora de programar e organizar os primeiros días de clase. Esta é un labor que nos compromete, por iso traballaremos en equipo para actuar de mutuo acordo en beneficio dos nenos.
Se temos en conta que esta será unha das épocas máis importantes e de maior transcendencia na vida dos nenos, merece a pena implicarse de cheo, axuntando esforzos para que todo saia ben.
Queremos acadar para todos os nosos alumnos/as un ensino individualizado que lles permita adaptarse ao seu propio ritmo , proporcionándolles a cada un as axudas que necesite segundo as súas características. Para iso necesitamos coñecer a fondo a cada neno e isto conseguirémolo a través das entrevistas e tamén a través dunha exhaustiva e sistemática observación directa de cada neno.
A colaboración dos pais vai ser fundamental para que xuntos axudemos a que os nenos vexan a escola como un lugar que lles dá seguridade e confianza; que lles ofrece a satifación das súas necesidades e que lles estimula e axuda a desenvolverse.
O novo alumnado de Educación Infantil:
Por fin, unha vez que temos tódalas autorizacións, publicamos as fotos dos nenos e nenas que se incorporaron ás unidades de Educación Infantil do noso centro.
8 nov 2008
Novo curso escolar 2008-2009
Saúdos nun novo curso escolar!!
Este ano tardamos un pouco máis en empezar a facer o blogue porque se retrasou bastante a entrega das autorizacións do emprego das imáxes e mentras non se ten, non se pode poñer nada a andar. Agora quero decirvos que xa teño moitas imáxes montadas en películas pero faltan ainda por fotografiar dous nenos que están enfermos así que en canto veñan isto vai ir correndo.
Grazas polos comentarios e polo seguimento deste libriño... ben sei que todos tedes ganas de coñercer aos novos alumnos.
Direi algo deles, son bos (casi todos jejeje), encántanlles os contos, ir ver diapositivas e xogar moito moito.
Como ben sabedes este curso temos novo horario, pola mañá temos unha hora máis de clase, comemos ás 14 horas e a derradeira clase témola de 16 a 17 horas. Aos nenos e tamén aos profes faisenos máis levadeiro e como casi todos somos de comedor non incide na vida das familias.