23 nov 2013

SEMANA DA MÚSICA

Celebrouse dende o día 18 de Novembro ata o día 22. As familias dos nenos colaboraron na elaboración de instrumentos artesanais e con todos eles fíxose na entrada do colexio unha exposición.

Mural da entrada
Algúns dos instrumentos feitos polo alumnado.
Tamén houbo unha actuación dos musicreques:


A actuación da Banda e do grupo folck local " No Cómbaro"

Actuación do grupo "No Cómbaro"

9 nov 2013

MAGOSTO

Fíxose exposición de froitos do outono na entrada do colexio, os nenos trouxeron todo tipo de froitos.

Exposición de froitos do outono
Pola mañá, o día 8 de Novembro, todo o alumnado do colexio participou en xogos no Pavillón Polideportivo do colexio.

Había un circuíto formado por moitos tipos de xogos.
Pola tarde, no patio cuberto, degustamos castañas e batidos.

Nenos de 3 anos comendo castañas...

4 nov 2013

SAMAÍN 2013

Este ano a actividade xurdíu do grupo dinamizador da biblioteca e traballamos arredor do MEDO : a decoración,  lectura de libros de medo,  visionado de películas e os nenos e nenas de Educación Infantil debuxaron os seus medos que foron metendo no "comemedos".

Aqui temos algunhas imaxes:

 
Porta decorada da Biblioteca



Os nenos e nenas meten os debuxos dos seus medos no "Comemedos"


Decoramos a biblioteca cos nosos monstruos.

Vimos a película "A BRUXA REGAÑADENTES"