25 mar 2012

Preparamos compota de mazá.:

Coas mazás que compramos no supermercado, cada neno pelou e cortou mitade dunha e despois, xa na pota, puxémoslle: azucre, canela e limón.
Ademáis de merendar tostadas de margarina con compota convidamos aos nenos das outras clases e levamos tamén un tarriño para que a probasen na casa.

Visita a un supermercado:

Como estamos a traballar o tema dos alimentos decidimos levar os nenos e nenas ao supermercado e, de paso, mercar mazás para facer unha compota. Aquí temos unhas imaxes da visita:

23 mar 2012

Asi nace e medra unha faba...

Este mes adicámonos a plantar sementes: fabas, lentellas, garabanzos. Aquí temos o proceso do nacemento das fabas.

18 mar 2012

O Parlamento Europeo aproba...

A inciación ao axedrez na escola polos beneficios demostrados para ensinar a pensar aos nenos.

4 mar 2012

TEATRO NO COLEXIO: "CAPERUCITA ROJA"

Os nenos e nenas de 5º de Primaria, agasallaron ao alumnado de Educación Infantil coa representación en castelán do conto: "Caperucita Roja". Tanto os actores coma o público disfrutaron moito coa actuación.
Gustaríanos que se repetise anualmente por ser motivador para os máis pequenos que xa están desexando medrar para ser algún persoaxe da obra que no futuro eles podan representar.
O profesorado e alumnado de Ed. Infantil agradece o esforzo para a realización desta actividade.


1 mar 2012

Teatro: LAS HADAS DE LA BELLA DURMIENTE


O luns, 27 de Febreiro, o alumnado de 3 anos acudíu ao cine Alovi para presenciar a representación de "Las hadas de la Bella Durmiente". Amoso aquí un pequeno video en catalán sobre a obra.