Máis dun cento de países participan o 23 de abril nas celebracións da 14ª edición do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor*, proclamado pola UNESCO en 1996.
Editoriais, librarías, bibliotecas, escolas, centros culturais e sociedades de autores de todo o mundo mobilízanse así para conmemorar este Día Mundial e pór de relevo o papel que desempeña o libro na sociedade dos nosos días.
26 abr 2010
O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR:
25 abr 2010
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA: 23 ABRIL
O alumnado de Educación Infantil así coma o do Primeiro Ciclo de Primaria acudíu á Biblioteca nas primeiras horas do DÍA DO LIBRO para coñecer á mascota da Biblioteca LEO, escoitar contos narrados por nenos e nenas dos últimos cursos de Primaria.
Tamén houbo unha sesión de "globoflexia" a cargo dun mestre do centro, os nenos estiveron moi atentos aos seus movementos e ao remate levaron como agasallo : flores, cadeliños, espadas, coroas...
Aquí temos unhas imáxes:
ACTIVIDADES DE AULA:
Coloreamos a mascota LEO:
23 abr 2010
22 de ABRIL : "DÍA DA TERRA"
O 22 de abril de 1970 máis de 20 millóns de estadounidenses puxeron de manifesto a fraxilidade do planeta e o pouco que isto lle importaba aos seus habitantes. Dous anos despois celebrábase o Primeiro Cumio Mundial sobre medio ambiente en Estocolmo.
O 22 de abril de 1970 máis de 20 millóns de estadounidense mobilizáronse para pór de manifesto a fraxilidade do planeta e o pouco que isto importaba aos seus habitantes. O evento, promovido polas organizacións sociais, foi bautizado co nome de «Día da Terra» (Earth Day), e pode considerarse como o nacemento do moderno movemento ecoloxista.
En 1990 organízase o «Día da Terra», esta vez en todo o mundo.
18 abr 2010
III CERTAME "AS BOLIQUEIRAS":
Co lema "Divírtome co galego" presenta o III Certame "As Boliqueiras"
no que convidan a participar aos escolares dos colexios de As Pontes.
Aquí amosamos os traballos que presentan os cursos de Educación Infantil do C.E.I.P "A Magdalena"
17 abr 2010
O PAXARO XENARO E A EIRUGA DUA:
Na clase de tres anos fixeron un conto que ten como personaxes principais: unha eiruga, un paxaro, unha formiga...
RIMAS GATUNAS:
Como casi tódolos nenos e nenas da clase teñen gatos e gatas na casa as personaxes deste conto son os nenos e os seus gatos.
Presentado en forma de RIMAS GATUNAS:
PRINCIPES E PRINCESAS:
Os nenos e nenas da clase de 5 anos presentan un libro titulado "CONTOS DE PRINCIPES E PRINCESAS" nel aparecen rimas que teñen como personaxes a animales: o can, a xirafa, o león... son moi divertidas.
15 abr 2010
15 de ABRIL: Día do/a Neno/a
No ano 1959 a ONU acordou que se celebrase un día ao ano o DIA DO/A NENO/A , en España ese día é o 15 de Abril, premendo no cartel poderás acceder á carta de dereitos da infancia redactada pola Asamble Xeral das Nacións Unidas:
11 abr 2010
8 DE ABRIL: TEATRO NA CASA DOPESO
O xoves, 8 de Abril, acudimos á casa Dopeso para ver a Obra de Teatro LUME, patrocinada polo grupo Xerais coa colaboración do Concello e representada pola compañía BABALUVA.
A representación gustóunos moito:
Aquí temos unhas imáxes da representación:
8 abr 2010
FACEMOS PAN:
Uns días antes de Semana Santa fomos ao comedor do colexio para amasar pan e cocelo no forno da cociña e despois levámolo para a casa: