27 mar 2009
ANDERSEN: Videos
Amosámos aquí uns videos, un deles sobre a súa vida e outros baseados en contos escritos por él.
A VIDA DE ANDERSEN:
O SOLDADIÑO DE CHUMBO:
AS FABAS MÁXICAS:
2 de Abril: DÍA DO LIBRO INFANTIL
Celébrase o nacemento do escritor de contos infantís Hans Christian Andersen, nacido no ano 1805 en Dinamarca, nunha familia tan pobre que en ocasións tivo que vivir debaixo dunha ponte e mendigar... Xa vedes que a pobreza e a imaxinación non se levan mal.
Escribiu entre outros contos: O xastreciño valente, O parrulo feo, O soldadiño de pchumboo e moitísimos máis.
Cada ano un pais é o encargado de facer o cartel e o lema ou mensaxe que acompaña ao cartel, neste ano 2009 correspondeulle a Exipto...
A MENSAXE:
Eu son o mundo, e o mundo son eu,
porque por medio dos meus libros podo ser o que queira.
Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládanme a lugares que están preto e á vez lonxe.
Na terra dos sultáns e do ouro,
mil historias que falan sobre todo
de alfombras voadoras, xenios de lámpadas marabillosas,
ogresas e simbades, cóntanlle os seus segredos a Sherezade.
Con cada palabra de cada páxina
viaxo a través do espazo e do tempo.
E sobre as ás da fantasía,
o meu espírito atravesa terra e mar.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro sempre estarei
na mellor das compañas.