Aquí neste album aparecen tódolos nenos do colexio, co seu disfrace ao remate de cada actuación:
24 feb 2009
Este ano tivemos convidados...
Sii... Este ano polo Antroido tivemos como convidados aos nenos e nenas de Preescolar na casa. Viñan acompañados dos seus pais e disfrazados de Dálmatas.
Aquí están todos no esceario. ¡¡Preciosos!!
23 feb 2009
A actuación de Antroido 2009
Agora si... todos enriba do esceario e a moverse para que cando camiñemos sonen os axouseres do cinto.
A verdade é que somos moitos alí todos xuntos. Pero o público aplaudeu moito. Grazas por todo.
Ata o Antroido do ano que ven!!
Agardando para subir ao esceario:
Xa estamos todos vestidos e preparados, hai nenos nerviosos, sobre todo os máis pequenos.
Estivemos ensaiando uns días unha canción e agora toca subir a interpretala.
em>
Preparando o gorro...
Este ano ímonos disfrazar de "CHOQUEIROS" e temos que preparar un gorro que no centro leva un dos nosos personaxes favoritos "Pocoyo" e despois vai todo cuberto de papeis de cores pegados, tamén leva unhas cintas de adorno.
Aquí estamos a traballar nel:
9 feb 2009
8 feb 2009
DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ:
1. Ti és alguén moi importante. Estímate.
2. Valora aos teus amigos. Iso darálles seguridade.
3. Descobre todo o que che une aos demais porriba daquelo que te separa.
4. Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.
5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demais.
6. Esfórzate por rematar ben as túas tarefas. Gozarás co resultado.
7. Cumpre coas túas responsabilidades, os demais necesítano.
8. Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.
9. Comparte as túas cousas cos demais. Farate moi feliz.
10. Pon paz dentro de tí, desta forma estarás poñendo tamén paz á túa ao redor.
O SÍMBOLO DA PAZ:
É unha pomba branca, cunha ponla de oliveira no pico. Recoñecida universalmente como símbolo de paz tralas guerras sufridas ao longo do século XX, esta pomba é de orixe bíblica. Aparece por primeira vez no relato do Arca de Noé, sendo a encargada de ver cal era o estado do mundo tralo diluvio universal.
Comida de amizade:
O Día da Paz son invitados pais e nais de nenos do colexio, por sorteo, para que acudan a comer con todo o alumnado do centro e máis co profesorado.
Non podemos convidar a todos porque o comedor non ten capacidade para poder facelo.
Aquí temos unhas imáxes desa comida
Acudimos ao esceario a cantar pola PAZ:
Despois de varios días ensaiando a canción da PAZ,o día 30 acudimos ao escearios para cantala. Todo saíu moi ben.