Da colección Don e Dona da Editorial Alhambra un novo conto, Don Glotón. Agardo que vos guste.
6 ene 2009
Estou SOBREPROTEXENDO ao meu fillo ou filla?
Hoxe en día os pais e nais queremos que aos nosos fillos e fillas non lles falte de nada, somos temerosos/as de que experimenten situacións de tristeza, de medo, emocións negativas... e tratamos por todos os medios de que non as sufran e experimenten.
Os coidados excesivos que caen na sobreprotección promoven unha incapacidade no neno/a para desenvolver habilidades e actividades que lle conduzan a alcanzar autonomía e independencia, polo que esta sobreprotección os/as volve inseguros/as, berrinchudos/as, dependientes e temerosos/as para enfrentar vicisitudes, as cales se presentan de diferente maneira ao longo da vida.Nós como pais e nais temos que lograr que comprenda dende pequeno/a que existen OS LÍMITES E AS NORMAS.
Sinalamos aquí algunhas PAUTAS, que nós como pais e nais debemos marcar aos nosos fillos e fillas, adaptándoas a cada idade, e sendo firmes na súa aplicación:
· Deixar que se vista e desvista so ou soa.
· Que coma sen axuda da nai, pai, avoa, avó...
· Deixar que experimenten diversas situacións sen a nosa axuda deixando que as resolvan polos seus medios.
· Non prometer ou dar excesivas gratificacións cada vez que faga algo que lle pedimos.
· Non deixar persuadirnos con pataletas, llantos, tetras..., porque cada vez que con estas conductas logran beneficios, quedarán reforzadas e faranse habituais e consistentes.
· Aprender a decirlles “NON”, para que comprendan que para conseguir metas hai que esforzarse, e dicir, ten unhas obrigas e deberes.
· Debemos mostrarnos con certa distancia cando lles esiximos a realización de certas tarefas e responsabilidades propias da súa idade.
· Permitir que se relacionen con outros nenos e nenas, e non intervir en exceso cando entre eles/as acontece un conflicto. Deixar que o resolvan.
Debemos facerlle comprender ao noso fillo ou filla que cando lle esiximos non é porque non o / a queramos, senón porque queremos e desexamos que sexan maduros/as e responsables e que esta é realmente unha señal importante de cariño.
Departamento de Orientación CEIP "A Magdalena" - Cristina Chao
4 ene 2009
Dona Mandona - Conto:
A colección "Don e Dona" da Editorial Alhambra gusta moito aos nenos pequenos. Deixouse de publicar e aproveito para poñer este contiño no blogue. Pódese parar en cada páxina.