O Día das Letras Galegas é un día especial para todos os nenos do colexio, quen vive con máis nervos esta celebración son os máis pequenos porque teñen que subir ao esceario.
Este ano interpretaron a canción dos oficios e disfrutaron moito vendo actuar aos seus compañeiros maiores.
21 may 2008
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
17 may 2008
Un "cumple" na clase de 3 anos...
O xoves, 16 de Maio, houbo festa de cumpleanos na clase de Educación Infantil de 3 anos. Randy cumplía 4 anos e a súa familia quixo celebrarllo dun xeito especial, puxeron gorriños aos nenos, e despois de cantar e soplar as velas... deron conta dunha tarta que era moi rica. Felicidades Randy!
15 may 2008
A VISITA DOS TORNEIROS
O día 14 de Maio tivemos no colexio a visita de persoas que traballan a madeira, ben co torno ou facendo xogos de inxenio. Fernando fixo setas e peonzas que foron nacendo como por arte de maxia dun pedazo de madeira que poñía no torno, encantounos ver como saían as birutas de madeira voando, semellaban ser spaguettis... era madeira moi finiña.
Tamén estivo o señor Fernando Vigo que nos amosou cómo se facía o punteiro dunha gaita e outras pezas para tocar