30 abr 2008
26 abr 2008
Así empezan os nenos a ler
Debemos de procurarlle aos nenos dende que son bebés revistas e libros...e o noso exemplo de lerlles ainda cando sexan ben pequeniños.
Así empeza o gusto pola lectura.
Sin máis comentarios... o video dío todo.
25 abr 2008
24 abr 2008
¿Qué conmemoramos?
No ano 1930 instáurase o día 23 de Abril coma o Día do Libro en España por coincidir coa data do pasamento do escritor mundialmente coñecido e traducido: Miguel de Cervantes Saavedra, que finou no ano 1616 deixando entre outras moitas obras “El Quijote”. Nesta data fánse entrega en España dos premios “Cervantes” a autores de literatura que teñan unha longa traxectoría como literatos moi lidos e recoñecidos.
Aquí estamos todos mirando e lendo contos.
Despois desta pequena reseña dicir que no CEIP “A Magdalena” fixéronse diversos actos e actividades de aula con motivo desta celebración tan especial para os centros educativos.
En Educación Infantil acudimos á Biblioteca do Centro para ollar, ler e escoitar contos, os nenos e tamén as mestras disfrutamos moito. Vaían como mostras unhas fotos tomadas nese día.
Agora escoitamos contos ...
A Profesora Mucha leunos dous contos que nos gustaron moito, aquí estamos atendendo...
O MUNDO DA COR E DAS FORMAS
Na etapa de Educación Infantil ten especial relevancia o desenvolvemento da Expresión Plástica dos nenos, ben sexa de modo libre ou ben con deseños dirixidos como provocadores de novas creacións súas. O uso da pintura de dedos e o das ceras blandas ben sendo o máis satisfactorio para os nenos e nenas. Amósamos aquí unha pequena mostra dalgúns traballos.
13 abr 2008
DÍA DO LIBRO INFANTIL : 2 ABRIL 2008
O Día do Libro Infantil conmemorase o día 2 de Abril, en memoria de Hans Christian Andersen que naceu nesa data alá polo ano 1805, en Dinamarca, é dicir hai máis de 200 anos.
Escribiu poemas, novelas pero destaca sobre todo polos máis de 150 contos para nenos, dos que sobresaen: O Parrulo Feo, A sereiña, O traxe novo do emperador, O soldadiño de chumbo, A raiña das neves, A princesiña e o chicharo…
No colexio celebrámolo escoitando contos escritos por él, e representando algún outro.
Acudimos ao Salón de Actos para facer esta actividade.