O día 14 de Marzo de 2008 os nenos e nenas da Gardería "A Barosa" visitaron o C.E.I.P. "A Magdalena".
Trouxeron de agasallo unha flor moi grande coas fotos de tódolos nenos e nenas que agora temos decorando a entrada do colexio
17 mar 2008
UNHA VISITA MOI IMPORTANTE:
Fixemos exercicio no Ximnasio...
Despois de visitar a Aula de Educación Infantil de 3 anos, as profesoras e máis algúns nenos do colexio foron con todos nós para o Ximnasio onde fixemos actividades de movemento moi entretenidas: atravesar unha ponte, saltar pozas, pasar por un túnel e xogar con pelotas. ¡Foi moi divertido!
Alegoría da Primavera.
As profesoras leváronnos ao Salón de Actos do Colexio e ali os nenos de Segundo curso de Primaria represetaron a "Alegoría da Primavera", dirixidos pola súa titora. ¡¡Gustounos moito!"
Vimos a actuación dos nenos de Educación Infantil:
Os nenos e nenas de Ed.Infantil cantaron para nós a canción do "VERDEGAIO". Nico acompañou co pandeiro e os outros nenos cantaron"
E para rematar convidáronnos.
Despois de ver tantas cousas tomamos empañadiñas, croquetas, pataquiñas e tamén larpeiradas. Aquí estamos celebrando o noso paso polo Colexio "A Magdalena"