10 feb 2008

¡XA ESTÁ AQUI O ANTROIDO!

mural-completo.jpgEste ano 2008 o Antroido é moi cedo, rematamos de sair das festas de Nadal e un mes despois xa temos o Antroido. Iremos disfrazados de chinos e agardamos pasalo moi ben.

A hora do recreo: FREIXOS

collage_freixos.jpgXa empezamos o día con larpeiradas, coma tódolos anos fanse freixós no Parque do pobo para os nenos dos colexios. Aquí estamos á hora do recreo comendo neles

Veu un trasno ¡que sorpresa!

trasno_collage.jpgHoxe sí que é un día especial, veu un trasno ao colexio e fixo moitas cousas, xogos malabares, equilibrio e fíxonos rir moito a todos.

Na entrada do Pavillón de Infantil:

nenos_entrada.jpg

Aquí estamos actuando:

nenos_esceario.jpg

Pola tarde participamos no festival de Antroido

collage_festival.jpgNo festival de Antroido participamos tódolos cursos. Este ano presentarono as nenas de Segundo de Primaria: Alicia e máis Eugenia. Para ser tan pequenas fixérono moi ben. Ao remate do festival comemos "orellas" ¡qué ricas!

O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

collage_comendo.jpgComa tódolos anos o día 30 de Xaneiro comemos no comedor do colexio todos os alumnos e profesores e tamén se quedan a comer pais e nais do Consello Escolar e da ANPA. É un día especial para todos.

Pola tarde pintamos o símbolo da paz.

collage_pomba.jpgAquí estamos pintando arredor da pomba de moitas cores.

Así quedaron as pombas.

collage1.jpgA mensaxe deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a No-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"


O símbolo da paz e unha pomba, moitos artistas pintárona, mesmo Picasso ten debuxada unha pomba da paz.