Con Nico ao pandeiro, e a voz de Icía que dirixía aos demáis foi todo un éxito, aplaudironnos moito.
14 ene 2008
Aquí estamos todos actuando:
Houbo un Festival de Panxoliñas:
Cada curso interpreta unha panxoliña en galego, castelán ou inglés e ao remate todos os asistentes tamén cantamos.¡¡Pasámolo moi ben!!
Chegou o día...
Pois si, chegou o 21 de Decembro de 2007 e viñeron a darnos agasallos ¡¡dous Papanoeles!!, fixeron con todos nós unha foto na entrada do Pavillón de Educación Infantil"
Os ensaios da Panxoliña:
Despois de que a aprendemos na aula, subimos ao esceario para cantar a panxoliña. Repetímola varias veces, e cando xa saía ben non tivemos que voltar, estabámos listos para o día do Festival
Fixemos a postal de Nadal do colexio:
Aos nenos e nenas de 5 anos tocounos facer a postal de Nadal este curso. Icía fixo un debuxo que nos gustou moito e Eva foi a que o coloreu, pero consideramos que é un traballo de todos porque así o eleximos.
13 ene 2008
FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS 2007:
No noso pobo : As Pontes, a primeiros do mes de Novembro celébrase a Feira de Fungos e cogumelos, hai exposición de cestas, e degustación popular de platos que teñen como ingredente principal os cogumelos.
Ao tempo tamén se fai un certame plástico para nenos dos diferentes colexios da localidade. Nós presentamos dos traballos grupais, un deles dos nenos e nenas de 3 anos e outro dos de 4 e 5 anos. Ambos obtiveron premio.
Mural presentado polos nenos/as de 3 anos:
Os nenos racharon papeis coas mans que despois foron pegando nunha silueta de cogumelo xigante, ao remate estamparon con pintura de dedos.
Mural presentado polos nenos/as de 4 e 5 anos:
strong>Un traballo feito amasando e estendendo a plastilina sobre unha placa de DM, despois aplicouselle Alkil para que quedasen ben fixadas as partes e tivese algo de brillo.
2 ene 2008
A maleta do Outono
No outono as profes mándannos traer á escola froitos e follas para xoguemos con elas e que debuxemos o que vemos.: follas secas, cogumelos, castañas, noces, avelás...
A gran protagonista: A castaña
No outono a gran protagonista é a castaña e nos inventámoslle unha canción :
"Enriba da herba
estaba a castaña,
pasaron os nenos
levárona á escola
de nome puxéronlle:
¡CASTAÑOLA!
Alí xogaba, corría e saltaba
cos nenos da escola
moi ben o pasaba.
¿Cómo se chamaba?
¡CASTAÑOLA!
Un día no recreo
veu un home moi feo
e quixoa levar
e tódolos nenos forona salvar.
¿Como se chamaba?
¡CASTAÑOLA!
Traballamos na clase pintando cucuruchos
Estivemos pintando cucuruchos para metelas castañas... a condición que fosen cores de outono, marróns, laranxas... e despois tivemos que pegalos para levalos á tarde á festa do Magosto.
Xogamos na clase
Na escola xogamos tirando castañas por un burato dunha castaña xigante a ver quen tiña máis puntería...
Merenda do Magosto no patio. (9/11/2007)
Despois de xogar na clase e de pintar os cucuruchos, saímos ao patio con tódolos nenos do colexio para merendar. Déronnos castañas e batidos. ¡Pasámolo moi ben!