Neste curso 2006-2007, quixemos que todo o que os nenos fixeron, as festas que vivimos, as charlas, as excursións e as vivencias quedasen plasmadas nun libriño que resumise de modo virtual a nosa vida real e tanxible dentro da escola...
20 jun 2007
AQUI EMPEZA E TAMÉN REMATA O LIBRIÑO...
SOMOS OS MENIÑOS DA MAGDALENA
Este ano as nosas profesoras foron:
Montserrat García López : Co grupo de nenos e nenas de 3 anos.
Nieves Seijo Sabín : Co grupo de nenos e nenas de 4 anos.
Mª Carmen Rivas Almeida: Co grupo de nenos e nenas de 5 anos.
Aquí aparecen as imaxes dos nenos e nenas e tamén ao remate deste libriño.
A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Durante todo o curso facemos saídas a concertos ou actuacións pero o que nos pon máis nerviosos é a excursión de fin de curso... As profesoras dinnos que se nos portamos mal non nos levan, pero como nos perdoan imos todos. Chovía moito pola mañá pero despois tivemos un día precioso para estar na GRANXA ESCOLA DO BELELLE. Fixemos pan, vimos nacer pitiños, montamon nun cabalo e por suposto tomamos os bocadillos que nos mandaron...Á volta no autobús moitos nenos viñeron durmindo. Ah!! LEVAMOS UN BOLIÑO DE PAN para a casa.
A PSICOMOTRICIDADE
O que máis nos gusta é acudir ao ximnasio para movernos e xogar, facemos xogos de orientación, de equilibrio, de autocontrol do corpo e tamén con distintos materiais. ¡Pasámolo moi ben!!
A AULA DE INGLÉS
Tódalas semanas a Profesora de Inglés danos 1 hora de clase, aprendemos as cores, os saúdos, os números e moitas cancións.
A AULA DE MUSICA
Nos primeiros anos a profesora de Música danos clase nunha aula de Educación Infantil, pero cando xa somos "maiores" podemos acudir á Aula que teñen para os nenos de Educación Primaria onde hai todo tipo de instrumentos.
14 jun 2007
12 jun 2007
A VISITA DOS BOMBEIROS
Este ano, no mes de Maio recibimos a visita dos bombeiros. Explicaronnos no Salón de Actos, qué facer a a qué número chamar cando hai un incendio, todos estivemos moi atentos para poder recibir o Carnet de Bombeiro.
Despois, fora, amosaronnos os camións cheos de ferramentas e ata puidemos subir e facer soar a sirena e tamén empregar a mangueira.
Pasámolo moi ben ¡¡GRACIAS BOMBEIROS!!
11 jun 2007
DIA DAS LETRAS GALEGAS
O día 17 de Maio de 2006 celébrase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Maria Mariño Carou, nós como somos pequenos non entendemos moito os seus poemas, pintamos unha caricatura de Maria Mariño, e uns poemiñas pequenos ilustrados pero para o festival aprendemos "O verdegaio"
Coa pandeireta Nicolás e ao seu lado, vestida de galega Icía e o grupo de cantareiras de EDUCACIÓN INFANTIL.
"As penas do verdegaio
son verdes e amarelas...
non me toques se non caío
non me rompas as canelas"
O do verdegaio do rastras trás
quero o meu amor
quero o meu rapás
O do verdegaio do rustrus trús
quero o meu amor
quero o meu Xesús"
O ANTROIDO
Este ano vai moito frío e lembramos uns páxaros que viven no Polo, así que todos nos disfrazamos de "Paxaros bobos"
"Somos uns paxaros bobos
pequeniños coma bolos
e como vimos do Polo
queremos comelo todo...
Orellas e freixós,
rosquillas tamén
estamos no Antroido
e vimos pasalo ben"
O DÍA DA PAZ e DA NON VIOLENCIA
Coma outros anos celebramos o Día da Paz cunha comida de confraternidade no colexio, comen os maestros e maestras e os representantes dos pais que forman a ANPA do colexio.
Facemos actividades relacionadas coa conmemoración. ¿Gustavos o mural da pomba? Está toda feita con máns e con pombiñas pequenas.
10 jun 2007
O FESTIVAL DE NADAL 2006
Despois de moitos ensaios e con moito medo aparecemos aquí subidos no esceario do Salón de Actos do Colexio cantando unha panxoliña que ten por título "SOAN AS CAMPÁS". Fixadevos ben eh... imos vestidos de campás cun laciño e todo. ¡¡Cantamos moi ben!!
"Soan, soan, soan as campás
para anunciar que chega o Nadal..."
A POSTAL DE NADAL...
Neste mes de Nadal tocounos aos máis pequenos (os da clase de 3 anos) escoller un motivo para ilustrar a postal que o Colexio fai para enviar aos demáis colexios e institucións. Este Portal de Belén de plastilina foi a imaxe elexida.
O CONCURSO DOS COGUMELOS
Dende hai moitos anos celébrase no Concello de As Pontes (A Coruña) a Feira de Fungos e Cogumelos, todos os nenos das escolas estamos convocados a participar nunha mostra de traballos de Expresión Plastica que preparamos nas nosas clases. Este é o que presentamos no curso 2006/07 ¿GUSTAVOS?
O MAGOSTO
Coma sempre cando empeza o outono facemos unha Unidade Didáctica para traballar especialmente o noso froito de Outono máis querido e máis característico desta época do ano. A CASTAÑA. Este ano en Educación Infantil coloreamos cucuruchos, trouxemos castañas e saímos ao patio con todos os nenos do colexio a comer castañas ¡MMMM qué sabedoras son as castañas asadas!